Novidades
Reserva ensaios con pianista acompañante
Actualización das normas que regulan os ensaios Guía para a reserva de ensaios
O alumnado deste conservatorio ten dereito preferente da solicitude de prazas no IES Antón Fraguas.
Intentarase na medida do posible por parte dos dous centros ofrecer un horario que facilite a simultaneidade de estudos.
PRAZOS DE MATRÍCULA
Do 1 ao 14 de xullo: Alumnado de Centro que aprobou en xuño (sen materias pendentes)
Do 9 ao 14 de xullo: Alumnado de novo acceso (1º GP)
Do 7 desde ás 00:00h ao 9 de setembro ata ás 20:00h: Alumnado do centro con materias pendentes
Do 11 de setembro ás 00:00h ao 14 de setembro ata ás 15:00h Alumnado de novo acceso nas probas de setembro (1º a 4º GE e 2º-6º GP)
ASIGNACIÓN DE HORARIOS
O formulario das preferencias para a asignación de horarios deberase realizar online desde a páxina web do centro do 10 de setembro ás 15:00h ao 16 de setembro ata ás 20:00h.* Recoméndase consultar en CentrosNet, a partir do 10 de setembro, o grupo da materia de Orquestra/Banda e Coro asignado polo Centro antes de enviar o formulario das preferencias horarias.
A asignación de grupos publicarase o 18 de setembro a partir das 18:30 en CentrosNet.*
* Datas actualizadas a 9 de setembro de 2020
Para poder realizar o pagamento das taxas correspondentes á matrícula existen dúas formas de facelo:
- Descargar e cumprimentar o modelo de autoliquidación AI e realizar o ingreso nunha das entidades bancarias colaboradoras.
- Realizar o pagamento telemático seguindo as instrucións que aparecen na nosa páxina web.
“Se non fora físico, probablemente sería músico. A miúdo penso en música. Vivo os meus sonos en música. Vexo a miña vida en termos musicais. Non podo dicir se tería podido facer algunha peza creativa de importancia na música, pero si sei que o que máis alegría me dá na vida é o meu violín”. Albert Einstein.
O Conservatorio Profesional de Música de Santiago é unha institución pública de ensino musical de grao elemental e profesional, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.