Influencia cultural

Santiago de Compostela é unha cidade que atesoura unha cultura que foi medrando día a día durante séculos con cada camiñante que foi chegando dende todos os recunchos do noso planeta. No noso Conservatorio somos conscientes da responsabilidade para coa cidade e con esta web queremos poñer á vosa disposición toda a información tanto académica como administrativa necesaria para a comunidade educativa así como unha mostra da nosa actividade diaria, audicións, concertos, conferencias, etc.

Esperamos que esta información sexa do voso interese e o persoal do Centro, Equipo Directivo, profesorado, así como o persoal administrativo e subalterno estamos aquí para atendelos e facer que a estancia no noso Centro sexa para vos do máximo proveito.

José Luis Quintás
Director
X