Horario de apertura

  • De luns a xoves: de 16:00 a 21:00 h.
  • Venres: de 16:00 a 20:00 h.

Os días sen servizo comunicaranse nesta páxina e no taboleiro da biblioteca.

Servizos

  • Consulta en sala dos fondos da biblioteca.
  • Sala de estudo e de traballo, con conexión wifi.
  • Catálogo en liña: cpm.biblio.xunta.gal
  • Actividades de fomento da lectura e club de lectura.

Normas de uso e de préstamo

As normas de funcionamento da biblioteca, incluídas as condicións de préstamo, forman parte das Normas de organización e funcionamento (NOF) do centro, cuxa aprobación está prevista para o 12 de novembro de 2026. Publicaranse nesta páxina unha vez aprobadas.

Contacto

Coordinación da biblioteca: nolosdous@edu.xunta.gal