O club de lectura da biblioteca reúne alumnado, profesorado e familias arredor dun libro unha vez ao mes. É un espazo de encontro entre xeracións para compartir lecturas, opinións e música, con especial atención ás lecturas en galego.
O club participa no programa Clubs de lectura da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. As lecturas adquírense con este programa e póñense á disposición das persoas participantes.
Lecturas do curso 2026/27
- Novembro de 2026: El cuento de la isla desconocida, de José Saramago.
As seguintes lecturas anunciaranse nesta páxina e en Novidades e actividades ao remate de cada sesión.
Calendario de sesións
As sesións celébranse o último xoves de cada mes, na biblioteca. A primeira sesión do curso será o xoves 26 de novembro de 2026. Cando o último xoves coincida cun período non lectivo, a sesión adiantarase e anunciarase con tempo.
Como participar
Calquera persoa da comunidade educativa pode participar. Para inscribirte ou pedir información, escribe a nolosdous@edu.xunta.gal ou pasa pola biblioteca en horario de apertura.

Os materiais elaborados no marco do programa Clubs de lectura publícanse coa licenza Creative Commons CC BY-NC-ND (Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada).
