Administración

Matrícula

  Matrícula
Solicitude cambio de grupo Instrucións para a matrícula online Instrucións para o pago da matrícula Consulta horarios en CentrosNet Información novo alumnado Información sobre materias e tempos lectivos semanais

PRAZOS DE MATRÍCULA  PARA O CURSO 24-25

1º prazo de matrícula (para o alumnado do centro sen materias pendentes): Por determinar

2º prazo de matrícula (para o alumando de novo acceso e avaliación extraordinaria): Por determinar

FORMULARIOS MATRÍCULA

INSCRICIÓN ANPA

  Taxas de matrícula
Cadro de resumo dos prezos publicos Instrucións para o pago da matrícula

Para poder realizar o pagamento das taxas correspondentes á matrícula existen dúas formas de facelo:

- Descargar e cumprimentar o modelo de autoliquidación AI e realizar o ingreso nunha das entidades bancarias colaboradoras.

- Realizar o pagamento telemático seguindo as instrucións que aparecen na nosa páxina web.

 


Título

  Título

Solicitude título

ALUMNADO DE 6º CURSO DO GRAO PROFESIONAL

Todo o alumnado que remate os seus estudos, na convocatoria de xuño ou na extraordinaria de setembro, deberá realizar os trámites necesarios para solicitar o título do grao profesional nos prazos establecidos polo centro.

É imprescindible para poder realizar probas de acceso aos conservatorios superiores ter realizado este trámite.

DOCUMENTACIÓN:

Instancia de solictude de título.

- Fotocopia actualizada do DNI ou do Libro de Familia (Folla do/a alumno/a).

- Modelo de Taxas € da Comunidade Autónoma de Galicia.


Novidades

  Compatibilidade CMUS e IES
Compatibildade CMUS e IES

O alumnado deste conservatorio ten dereito preferente da solicitude de prazas no IES Antón Fraguas.

Intentarase na medida do posible por parte dos dous centros ofrecer un horario que facilite a simultaneidade de estudos.

 

Bolsas

SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDOS

Poderá solicitar bolsas de estudos o alumnado do Grao Profesional que cumpra os requisitos establecidos a tal efecto na convocatoria publicada polo Ministerio de Educación.

Dita solicitude realizarase a través da páxina web do Ministerio de Educación e Formación Profesional, os prazos aproximados van dende o mes de agosto ata finais do mes de outubro.

É obriga do alumnado bolseiro que unha vez informada a súa solicitude dea traslado ao centro do resultado, si a bolsa é concedida a matrícula no centro será gratuíta para o curso escolar, si pola contra é denegada o/a alumno/a deberá aboar o importe de matrícula máis os xuros correspondentes dende o momento de formalización da mesma ata o momento da resolución da bolsa.

Lexislación das ensinanzas musicais.

GRAO ELEMENTAL

A ordenación do grao elemental das ensinanzas de música está establecido no DECRETO 198/2007.

As probas de acceso a dito grao están reguladas na CIRCULAR 4/2008.

GRAO PROFESIONAL

O currículo das ensinanzas profesionais de música está regulado no DECRETO 203/2007.

As probas de acceso a dito grao están reguladas na ORDE do 28 de xullo de 2008.

TAXAS

O DECRETO 89/2013. regula os PREZOS PÚBLICOS correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música.

Aclaracións da Consellería de Cultura, Educación e O.U. referente aos prezos públicos.

Na seguinte ligazón recóllese a normativa básica de música da nosa comunidade autónoma.

Poden consultar toda normativa no buscador da Consellería de Educación e O. U.

X