Este fin de semana celebrouse en Ferrol a VII Mostra Musical do Eixo Atlántico. Nela participaron intérpretes galegos e portugueses tanto de xeito individual como grupos de cámara e agrupacións máis numerosas.
Nesta Mostra proclamáronse gañadoras dúas agrupacións do noso Conservatorio que participaban en representación do Concello de Santiago de Compostela. Foron un quinteto de metais e a orquestra de corda. O quinteto acadou o premio en solitario e a orquestra acadou o primeiro premio exequo cun coro de Vila Real (Portugal).
A nosa noraboa aos/ás participantes e especialmente aos nosos/as representantes polo esforzo que supón nestas datas e polo resultado acadado.