Dept. Guitarra: concerto e curso Marco Socias abril 2018

Ver todas

CURSO COMPLETO. SÓ QUEDAN PRAZAS COMO OÍNTES!!!

Concerto 18 de abril 20:15 horas

Masterclass os días 19 e 20 de 10:00 a 20:00 horas

Auditorio

Marco Socías naceu en Málaga nunha familia de pianistas. Recibiu a súa educación musical na cidade natal e posteriormente en numerosos cursos de perfeccionamiento e na Musikhochschule de Colonia (Alemaña). Entre os profesores que máis significaron para a súa formación están Carmen Gallardo, Antonio Company, José Tomás, José Miguel Moreno e David Russell. Á idade de 21 anos conseguiu unha cátedra de guitarra, praza da que actualmente está en situación de excedencia, convertíndose así no catedrático máis novo de España. Foi premiado en varios dos concursos internacionais de guitarra más prestixiosos, como o “Infanta Cristina” (Fundación Guerrero, Madrid) en que obtivo o primeiro premio, “Le Printemps de la Guitare” (Bélxica) e o Concurso Internacional de Gargnano (Italia).

É invitado regularmente aos principais festivais internacionais de Guitarra e, ademais da súa intensa actividade como solista por toda Europa, Oriente Próximo e EE.UU., actúa frecuentemente en grupos de cámara (actualmente algúns dos seus proxectos son con músicos de la Filharmónica de Berlín) e como solista con orquesta. Actuou en salas da importancia do Concertgebouw de Amsterdam, Philharmonie de Berlín, Auditorio Nacional (Madrid), Konzerthaus (Viena), Konzerthaus (Berlin) e Alte Oper (Frankfurt) e foi solista en orquestras como a Radio Sinfonie-Orchester de Berlín, Orquesta Ciudad de Granada, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orchestra Regionale del Lazio (Italia) e a Orquesta Nacional de Cuba. Entre los directores con los actuou destacan Josep Pons, Víctor Pablo Pérez, Odón Alonso e Leo Brouwer. Polo momento gravou oito CDs, principalmente de música española. Os últimos son o realizado por Harmonia Mundi, en que se inclúe o “Concierto de Aranjuez” e a “Fantasía para un Gentilhombre” coa Orquesta Ciudad de Granada dirixida por Josep Pons, e un recital con música do Maestro Rodrigo para EMI. Actualmente Marco Socías é profesor do Centro Superior de Música Musikene, en Donostia.

X