Nesta páxina publícanse os documentos que orientan o traballo da biblioteca e os proxectos nos que participa.

Plan de biblioteca

  • Concreción anual do Plan de biblioteca e do PLEA para o curso 2026/27 (PDF). Apartado 2.6 da Programación xeral anual, aprobada polo Claustro e polo Consello Escolar.
  • Plan de Biblioteca do centro, para catro cursos: en elaboración; aprobación prevista en maio de 2027.
  • Normas de funcionamento da biblioteca (extracto das NOF do centro): publicaranse tras a súa aprobación, prevista o 12 de novembro de 2026.

Plan de Lectura, Escritura e Acceso á Información (PLEA)

O centro está a elaborar o seu PLEA durante o curso 2026/27, coa biblioteca como recurso de referencia. Publicarase aquí e en «O centro > Documentos» unha vez aprobado polo Consello Escolar, previsiblemente en maio de 2027.

Programas e proxectos

  • Programa Clubs de lectura da Consellería: club de lectura do curso 2026/27.
  • Grupo de traballo «Humanizar a biblioteca: organizar o espazo e achegar os fondos ás persoas» (curso 2026/27): reorganización da colección e do espazo. Os resultados publicaranse ao remate do grupo de traballo.
  • Proxecto interdisciplinario do curso 2026/27 coordinado desde a biblioteca (Xacobeo 2027 e o Códice Calixtino; compositoras galegas). Os traballos do alumnado publicaranse no segundo e no terceiro trimestre.
  • Memoria anual da biblioteca: resumo ao remate de cada curso.

Bibliotecas Escolares de Galicia