Semana da Guitarra con Laura Snowden 30 marzo- 2 abril 2020

Ver todas

Taller con orquestra de guitarras 30 de marzo de 17:00 a 21:00 horas

Masterclass 31 de marzo e 1 de abril de 10:00 a 20:00 horas

Concerto 2 de abril 21:00 horas (entrada libre)

Exposicións do 30 de marzo ao 2 de abril

ATENCIÓN: PRAZAS COMPLETAS. SÓ SE ADMITEN MATRÍCULAS COMO OÍNTES!!

Aclamada como unha “sensación da corda” polo BBC Music Magazine, a guitarrista e compositora franco-inglesa Laura Snowden é recoñecida polo “equilibrio e intensidade” (The Guardian) e por tocar “cunha extraordinaria profundidade” (Strings, Classical Music Magazine). Foi a primeira guitarrista graduada na Yehudi Menuhin School, promovida polos Rolling Stones. Juliam Bream convidouna a estrear os seus últimos encargos no Wigmore Hall en 2015 e 2017. As súas aparicións internacionais multiplicáronse rapidamente por Europa, China e os EEUU, así como o debut orquestral coa Norrköping Symphony Orchestra e a Münchener Kammerorchester. Gravou o concerto para guitarra Augenlider de Lisa Streich coa Deutsches Symphonie Orchester.

Descrita polo Classical Guitar Magazine como “conexión entre o pasado, presente e futuro da guitarra”, o seu estilo musical ecléctico vai desde arranxos para formacións pop a premieres de compositores como Julian Anderson, Errollyn Wallen ou Olli Mustonen. Tamén colaborou estreitamente co grupo folk Tir Eolas, actuando no Shapespeare’s Globe por invitación do guitarrista John Williams. Como compositora, a súa música soou no Royal Albert Hall, Wigmore Hall e Sadlers Wells, por encargos de Park Lane Group, Birmingan Symphony Hall e a International Guitar Foundation. Tamén foi transmitida pola BBC Radio 3, BBC Radio Scotland e Hong Kong Radio 4.

Actualmente ensina na Yehudi Menuhin School e dá numerosas clases maxistrais en diferentes países. Entre os seus mestres destaca a Julian Bream, Richard Wright e Gary Ryan. A súa guitarra está feita polo luthier Chistopher Dean.

X