Curso de guitarra – Rafael Padrón, 2007

Ver todas

Rafael Padrón, guitarra clásica
University of Miami – USA
23-25 outubro de 2007

“Rafael Padrón ten un dominio sólido da técnica da guitarra clásica, combinado cunha presencia xenial no escenario … ”
The Washington Post

Martes, 23 de Outubro de 2007 – Curso – 4H a 9:45H
Mércores, 24 de Outubro de 2007 – Concerto – 8:15 H
Xoves, 25 de Outubro de 2007 – Curso – 4H a 9:45H

Rafael Padrón naceu na Habana, Cuba. Os 11 anos comenzou a estudar a guitarra obtendo en 1991 a licenciatura polo Instituto Superior de Arte da Habana. No ano 2000 recibe unha beca para ir a Baltimore e formarse baixo a tutela de Manuel Barrueco.

Ten o terceiro premio do Concurso de guitarra da Habana e mellor interpretación de música latinoamericana. Diploma de Honor do concurso Viña del Mar, Chile e premio Montpelier Recital Competitions.

Padrón ofreceu concertos por Estados Unidos, España e Xapón presentándose entre outros lugares na “Casa das Americas” e “Sala Avellaneda” do Teatro Nacional de Cuba; “Teatro Municipal”, Viña de Mar, Chile; “Teatro Teresa Carreño”, Caracas, Venezuela; “Teatro Nacional”, San José, Costa Rica; “Lincoln Center”, Washington D.C. y “Sala Weill” do Carnegie Hall, Nueva York.

Este músico cubano participou en numerosos festivais coma: Festival de Guitarra da Habana, Cuba; Festival Internacional de Música do Hatillo, Venezuela; Festival Internacional de Guitarra de Costa Rica; Festival Internacional de Guitarra de Panamá; Festival de Música Independencia en Costa Rica e Festival da Laguna en Tenerife, España; Festival Internacional de Guitarra de Miami, Estados Unidos, Festival Internacional de Guitarra de Rust, Austria, e Festival Internacional de Guitarra de Brno, Republica Checa.

Rafael Padrón tamén tocou como solista coa Orquesta Sinfónica de Matanzas, Cuba. Orquesta Sinfónica “Gran Mariscal de Ayacucho”. “Orquesta de Cámara de Caracas”, Caracas, Venezuela. “Camerata Latinoamericana”, Costa Rica. “Orquesta Sinfónica Independencia” e “Orquesta Panamericana”, Washington D.C. Estados Unidos e a “Orquesta Sinfónica do Novo Mundo” (New World Symphony Orchestra), Miami, Estados Unidos.

Actualmente e profesor do Conservatorio de Miami.

https://www.rafaelpadron.com

Organiza:
Conservatorio Santiago de Compostela
Departamento de guitarra
José Manuel Dapena, xefe departamento
Xosé Antonio Rodríguez – Valentín Novio – Isabel Rei Samartim

Colabora:
PM CLASSICAL

X