Actividade destinada a coñecer dunha maneira amena e adaptada aos máis pequenos os diferentes instrumentos que se imparten no centro, así como o procedemento de acceso ao primeiro curso do Grao Elemental.

    O número de prazas é de 50 por rigorosa orde de inscrición.

    Destinado a nenas e nenos que cumpran entre 8 e 14 anos no 2022, poderán asistir acompañados por un adulto.

    Luns 25 de abril ás 17:15h: Guitarra e piano.
    Mércores 27 de abril ás 19:15: Instrumentos de corda fretada (violín, viola, violonchelo e contrabaixo).
    Xoves 28 de abril ás 19:15: Instrumentos de vento e percusión (clarinete, frauta, saxofón, óboe e fagot, trompeta, trompa, trombón, tuba e percusión)

    INSCRICIÓN ONLINE ata o 20 de abril.
    A listaxe de admitidos enviarase por correo electrónico o venres 22 de abril.

    www.conservatoriosantiago.gal

    Presentación á que desexa asistir:

    O responsable da protección de datos dos usuarios que envían a súa información a través deste formulario é a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Secretaría Xeral Técnica. Recoller as suxestións e queixas da comunidade educativa coa finalidade de emprender accións que permitan a mellora dos servizos prestados. Se hai algunha información persoal que non queiras que se coñeza recomendámosche non incluila neste formulario. A lexitimación principal e o consentemento da persoa interesada. Non se prevén comunicacións a terceiros salvo as previstas na lei. As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou en calquera das Oficinas de rexistro e información propias da Xunta de Galicia segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos

    X