Masterclass saxofón

Ver todas

BOLETÍN INSCRICIÓN

INFORMACIÓN XERAL DO CURSO
As actividades programadas neste curso propóñense como masterclass individuais, e están dirixidas principalmente ao alumnado de grao elemental, profesional ou superior.
PROFESOR: Rafael Yebra
DATAS: sábado 19 e domingo 20 de febreiro de 2022.
HORARIOS: sábado de 10 a 14 e 16 a 20 horas, domingo de 10 a 14 horas.*
* Suxeito a posibles modificacións.
LUGAR: CMUS Profesional de Santiago (Auditorio).
MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN:
• O alumnado ACTIVO terá dereito a 1 clase individual, e poderá asistir a todas as demáis clases.
• O alumnado OÍNTE poderá asistir a todas as clases.
Os horarios das clases individuais estableceranse unha vez feita a matrícula. Terase en conta, na medida do posible, a dispoñibilidade horaria do alumnado.
PREZOS:
• ACTIVO/A (prezo xeral) 35€
• ACTIVO/A (alumnado do CMUS de Santiago) 30€
• OÍNTE 15€
MATRÍCULA:
Prazo de inscrición: ata o 10 de febreiro.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, ata un máximo de 1 2 alumn os/as activos/as, terá preferencia o alumnado do CMUS de Santiago.
Para realizar a matrícula deberá entregarse na secretaría do centro o boletín de inscrición xunto co xustificante do ingreso bancario. Tamén poderá enviarse por correo electrónico a cmus.santiago@edu.xunta.gal
No ingreso deberase facer constar “Masterclass de Saxofón” xunto co nome do/da alumno/a.
Nº de conta: I BAN ES04 2080 0348 30 3040011278

RAFAEL YEBRA
Catedrático de Saxofón (CSM Vigo)
Despois de estudar nos Conservatorios de Ourense e A Coruña co profesor Narciso Pillo, participa no seminario de Saxofón Contemporáneo da Escola de Altos Estudos do IGAEM (Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais) con Andrés Gomis, en masterclass con Marie_Bernadette Charrier e J. M. Londeix, e cursos de especialización musical como os da Aula de Música de la Universidad de Alcalá de Henares. Na actualidade está inmerso nunha investigación como doctorando do programa Arte: Produción e investigación de la facultade de Belas Artes de la UPV, coa tese: La música contemporánea en Galicia a través de sus intérpretes: 1987 -2020.
Rafael Yebra foi vicedirector e director no Conservatorio Superior de Música de Vigo. É catedrático de saxofón en dito conservatorio e imparte docencia en conservatorios superiores e universidades europeas dentro do programa de mobilidades Erasmus, sendo os seus principais destinos: Roma, Viena, Bruxelas, Thesalonica, París, Lisboa ou Milán. Ademais, é profesor residente da Aula Internacional de Saxofón de Tui (AIS TUI) e dirixe e coordina o ciclo Saxornadas dende a súa creación.
No ano 2009 crea o grupo MULTIPLENSEMBLE, agrupación que se presentou por primeira vez dentro do Festival ARE MORE de Vigo, nunha colaboración co Goethe Institut de Madrid e o colectivo Al-ga, cun ciclo monográfico dedicado ao compositor alemán K. Stockhausen. Con Múltiplensemble, no ano 2012, estrea e dirixe o espectáculo multidisciplinar Visións sonoras sobre o Lérez, patrocinado polo Concello de Pontevedra. Forma parte do Ensemble de saxofóns S@x 21, TAC (Taller Atlántico Contemporáneo) e colaborou coa Orquestra Sinfónica Vigo 430 e a Real Filharmonía de Galicia, entre outras.
No ano 2008 participa na gravación da obra Miniatura Mantis da compositora María García Mendoza patrocinado pola fundación Cuña-Casasbellas e no 2010 participa e grava a obra para saxofón barítono e electrónica do compositor Antonio Rocha dentro do ciclo XV da Asociación Galega de Compositores. Coa Real Filarmonía de Galicia participa en 2015 na primeira gravación mundial da obra Guitar para orquestra do compositor suízo Frank Martin Na súa aposta pola música actual estreou obras de Jacobo Gaspar, Jesús González, María García- Mendoza, Pablo Beltrán, Luis Carro, Fernando Buide, Hache Costa, Xesús Xosé Iglesias González, Eduardo Soutullo, Alicia Díaz De la Fuente, Eckart Beinke, José Luís Campana, Helmut Oehring ou Christophe Havel, entre outros. Sendo dedicatario de moitas destas partituras.
Actualmente está traballando en diferentes proxectos nos que intenta conxugar a música clásica actual (contemporánea) co rock, jazz e outros estilos populares nun intento de conciliar ao público xeral coa música actual e popular de xeito que nos permita desfrutar da realidade sonora que estamos a vivir.

X