:// Formularios online - Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela

Formularios online

Formularios online

Actualmente non temos inscripcións abertas para cursos ou actividades .

Actividades complementarias

  SOLICITUDE ENTRADAS CONCERTOS REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

    "SOLICITUDE DE ENTRADAS PARA OS CONCERTOS DA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA"

    O Conservatorio, pon a disposición do alumnado 5 entradas cedidas polo Auditorio de Galicia para os concertos da temporada de abono da Real Filharmonía de Galicia, estas entradas son exclusivamente para o alumnado do centro.

    A selección do alumnado ao que se lle concede a entrada para os concertos será en función da especialidade ou materia preferente. O alumnado pode anotarse a todos aqueles concertos aos que desexe asistir, pois no caso de que non haxa peticións da especialidade preferente, entrarían no reparto os demais.

    Solicitude de entradas

    • As solicitudes faranse a través dos formularios online da web.

    • Ao principio de cada mes haberá un formulario cos concertos de esa temporada, podendo reservar entrada para calquera concerto do mes.

    • A prazo para anotarse rematará o domingo anterior a cada concerto.

    • Non se admitirán solicitudes fóra de prazo.

    Adxudicación de entradas

    • Os luns enviarase un correo electrónico coa adxudicación das entradas dos concertos de esa semana.

    • As entradas asignaranse por orde de inscrición tendo en conta:

      • Especialidade preferente en cada concerto.

      • Alumnado con menos entradas adxudicadas ata a data.

    Recollida de entradas
    As entradas recolleranse directamente na billeteira do Auditorio de Galicia, unha hora antes do concerto presentando o DNI. No caso de non ter DNI, presentar o carnet de estudante.

    Pincha aquí para consultar a programación da RFG

    Concerto ao que desexa asistir:

    DATOS ALUMNA/O







    A reserva será confirmada por correo electrónico unha vez rematado o prazo de solicitude.


    O responsable da protección de datos dos usuarios que envían a súa información a través deste formulario é a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Secretaría Xeral Técnica. Recoller as suxestións e queixas da comunidade educativa coa finalidade de emprender accións que permitan a mellora dos servizos prestados. Se hai algunha información persoal que non queiras que se coñeza recomendámosche non incluila neste formulario. A lexitimación principal e o consentemento da persoa interesada. Non se prevén comunicacións a terceiros salvo as previstas na lei. As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou en calquera das Oficinas de rexistro e información propias da Xunta de Galicia segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos

    X