Presentación en Cineuropa 15/11/2022

Ver todas

15 de novembro de 2022

18:00 horas

Sala Mozart (Auditorio de Galicia)

Reserva das entradas gratuítas

 

O vindeiro 15 de novembro, dentro da programación do festival Cineuropa, farase unha presentación especial con motivo dos 15 anos de existencia de Aturuxo Films no IES Cacheiras e o proxecto conxunto desenvolvido co Conservatorio Profesional de Santiago: Imaxinando Músicas. Proxectarase unha retrospectiva dos traballos máis premiados e as creacións máis recentes. Haberá música en directo, coloquios e o alumnado que pasou polo proxecto falará da súa experiencia. Entrada libre previa reserva na web de Cineuropa ata completar localidades.

 

X