Concerto do guitarrista Àlex Garrobé 03/04/2019

Ver todas

Mércores 3 de abril de 2019

20:15 horas

Auditorio

Entrada libre ata completar localidades

Àlex Garrobé ofrece recitais e concertos con regularidade en máis de corenta países, actuando en auditorios como o Concertgebow de Amsterdam, Auditorio Nacional de Madrid, Auditorio de Radio France en París, Ópera de Estambul ou o Auditorio do século XXI en Pequín. Obtivo os primeiros premios no Concurso Internacional Infanta Cristina (Fundación Guerrero 1989) e no Concurso Nacional Permanente JJMM (1988). Colabora frecuentemente con numerosas orquestras interpretando os principais concertos do repertorio guitarístico. Actuou como solista con formacións como a Sinfónica de Madrid, Royal Oman Simphony Orchestra, Wuttembergische Philarmonie, Sinfónica de Baleares, Sinfónica de Barcelona Nacional de Catalunya, Sinfónica del Vallés, Orquestra de Cámara Nacional de Andorra, Orquestra de Cámara do Palau de la Música Catalana, o grupo instrumental Barcelona 216, Orquestra de Cámara do Grande Teatro do Liceu, Orquestra do Conservatorio de La Paz, Lublin Simphony, Philarmonia das Beiras, Tempere Chamber Orchestra, Lebanese National Symphony Orchestra ou a Sinfónica de Medellín entre outras.
Gravou oito CDs para os selos Harmonia Mundi, Naxos, Ópera Tres, Columna Música e J.S. Records prestando especial atención ao repertorio do século XX pouco interpretado. Tamén foi o dedicatario de obras de compositores como Marco Smaili, Manuel García Morante, Gerard Drozd ou Stein Eide.
Doutor en Historia da Arte e Musicoloxía pola UAB, exerce como profesor de guitarra e música de cámara na Escola Superior de Música de Catalunya.

X