Becas

SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDOS

Poderán solicitar bolsas de estudos, o alumnado do grao profesional que cumpra os requisitos establecidos a tal efecto na convocatorio publicada polo Ministerio de Educación.

Dita solicitude realizarase a través da páxina web do MEC, os prazos aproximados van dende o mes de agosto ata finais do mes de outubro.

É obriga do alumnado bolseiro que unha vez informada a súa solicitude dea traslado ao centro do resultado, si a bolsa é concedida a matricula no centro será gratuíta para o curso escolar, si pola contra é denegada o/a alumno/a deberá aboar o importe de matricula máis os xuros correspondentes dende o momento de formalización da mesma ata o momento da resolución da bolsa.

Lexislación das ensinanzas musicais.

GRAO ELEMENTAL

A ordenación do grao elemental das ensinanzas de música está establecido no DECRETO 198/2007.

As probas de acceso a dito grao están reguladas na CIRCULAR 4/2008.

GRAO PROFESIONAL

O currículo das ensinanzas profesionais de música está regulado no DECRETO 203/2007.

As probas de acceso a dito grao están reguladas na ORDE do 28 de xullo de 2008.

TAXAS

O DECRETO 89/2013. regula os PREZOS PÚBLICOS correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música.

Aclaracións da Consellería de Cultura, Educación e O.U. referente aos prezos públicos.

Na seguinte ligazón recóllese a normativa básica de música da nosa comunidade autónoma.

Poden consultar toda normativa no buscador da Consellería de Educación e O. U.

X